DeportesÚltima hora

O Bolo acollerá a 2ª proba da Liga Galega de Orientación a Pé 2021, organizada polo Club Peña Trevinca Barco

Na primeira proba, celebrada en Lugo, a orientadora do club valdeorrés Lúa Gonzalez era segunda en F12

Un participante na proba da liga galega celebrada hai dous anos en Éntoma (O Barco)./  Foto: Mónica G. Bellver.

 

O vindeiro sábado 20 de marzo o municipio de O Bolo acollerá unha competición de orientación organizada polo Club Trevinca Barco. Trátase da 2º proba da XXX Liga Galega de O-Pé, cuxa área de competición se desenvolverá preto desta localidade valdeorresa.

A 1ª proba coa que se inauguraba a tempada 2021 da Liga Galega de Orientación a Pé tiña lugar esta fin de semana no mapa de Veral-Penarrubia (Lugo). Organizada polo Club Fluvial de Lugo era de distancia media e congregou a máis de 200 orientadores, entre eles varios membros do Peña Trevinca, que tiveron que seguir un estrito protocolo de medidas anticovid.

Nese sentido, tal como aseguran dende o club barquense “o desenvolvemento da carreira foi un éxito, e todos os deportistas puideron volver desfrutar dun evento de orientación en Galicia tras un ano de parón forzoso pola pandemia”. Con respecto aos resultados, os deportistas do Club Trevinca Barco destacaron en varias categorías: Lúa Gonzalez era 2ª en F12; Remedios Durán 7ª en F45; Salva Álvarez 8º en M35; e Xan Trigo foi 17º en Elite.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button