Case 50.000 euros para acondicionar estradas no Bolo

Actuarase concretamente nas localidades de Santa Cruz, Lentellais, Celavente e As Ermitas
A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, e o alcalde do Bolo, Manuel Corzo, asinando o convenio.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle, e o alcalde do Bolo, Manuel Corzo, asinando o convenio.

O alcalde do Bolo, Manuel Corzo, asinaba na mañá do 24 de maio en Santiago un convenio de colaboración coa conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez Mourelle. En virtude deste acordo a Xunta colaborará co Concello do Bolo a través do investimento de case 50.000 euros no acondicionamento de varias estradas deste municipio ourensán.

Outro dos momentos deste acto, celebrado en Santiago.

Outro dos momentos deste acto, celebrado en Santiago.

Deste xeito a Consellería de Infraestruturas e Vivenda financiará distintas actuacións en varios camiños deste municipio danados pola climatoloxía adversa dos últimos meses, concretamente, nas localidades de Santa Cruz, Lentellais, Celavente e As Ermitas. “As actuacións, que o Concello do Bolo deberá executar ao longo deste ano, consisten, basicamente, na reparación das fochancas e o asfaltado dos camiños destas áreas. Nos camiños de Celavente, ademais de actuar no asfalto, executarase unha soleira de formigón armado e no camiño das Ermidas tamén se reparará un muro de pedra e substutuirase a tubaxe de saneamento”, segundo se informa dende a consellería.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies