EconomíaEconomíaEn portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Bolo celebra o Sábado Santo coa Festa da Vitela

Máis de setecentas persoas asistiron á X edición da cita gastronómica que despide a Coresma

Pasadas as dúas e media da tarde do sábado 15 de abril, abríanse as portas do pavillón deportivo de O Bolo para acoller ás máis de setecentas persoas que asistían á X Festa da Vitela. Unha cita gastronómica organizada polo Concello que ten como protagonista a carne de tenreira.

Coma sempre, na cociña atopamos ao respondable do Restaurante Fernando III do Barco, quen explica que nesta edición da festa empregaron 250 kg. de vitela; 240 kg. de lacón; 250 kg. de androllas; 220 de chourizos; 50 de garavanzos; e uns 140 de patacas, os ingredientes do plato forte do xantar que se completaba con sopa de fideos de primeiro e roscón de postre. Todos produtos do municipio bolés, incluído o pan. Tamén se servíu viño tinto (auga e gaseosa), licores e café.

Nesta ocasión e por primeira vez, a música correu por conta da Charanga Nova Terras de Trives e entre os asistentes, veciños do concello e sobre todo da contorna (do Barco, A Rúa, Carballeda,…) e na mesa presidencial, xunto ao alcalde de O Bolo, Manuel Corzo, representantes políticos da comarca e arredores e mesmo o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que destacou “a calidade da materia prima que produce o sector agroalimentario galego referíndose, especialmente, á tenreira galega”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button