ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Bolo despide a Coresma co xantar da vitela

O actor e director Rubén Riós, pregoeiro da festa gastronómica, amosou o seu interese polas Ermitas

Unhas 700 personas asistían no mediodía do sábado 4 de abril, á VIII edición da Festa da Vitela organizada polo Concello de O Bolo. Unha cita que arrancaba co pregón a cargo do actor, director e produtor Rubén Rios.

Pasadas as dúas a e media da tarde, o alcalde de O Bolo, Manuel Corzo, daba a benvida aos asistentes cedendo a palabra ao pregoeiro. Non podía ser doutro xeito e na súa intervención, Riós falou das protagonistas da festa, as vacas, e tamén das terras de O Bolo, unhas terras que “deberían ser mais visibles de cara ao exterior porque temos cousas incribles que hai que dar a coñecer” dixo. Atractivos como o Santuario das Ermitas que o atrouxo hai xa uns anos (en xuño de 2008 mentres rodaba en Valdeorras) e que agora está xa collendo forma na súa mente como un novo proxecto audiovisual, “a partires de hoxe empezo a traballar para dar unha película a esta terra” dixo.

Con este compromiso de Rubén Riós, autoridades, convidados e público en xeral procedían a degustación do xantar no que segundo o responsable da cociña se empregaron uns 350 quilos de vitela (tenreira), 250 de androllas, 180 de chourizos e 140 de lacón, ademais da sopa de fideos, os garavanzos, as patacas e o roscón.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button