ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

O Bolo despide a Coresma cun multitudinario xantar

Oitocentas persoas asistiron á IX edición da Festa da Vitela, o Sábado Santo

800 comensais; 26 camareiros; 250 quilos de androllas, 200 de chourizos, 300 de vitela e 150 de lacón; e 70 roscóns. Son os datos da IX edición da Festa da Vitela coa que O Bolo despedía a Coresma.

A cita gastronómica tiña lugar no mediodía do Sábado Santo, 26 de marzo, no pavillón de O Bolo e entre os asistentes puderon verse veciños dos numerosos pobos que forman o municipio bolés pero tamén xentes doutras localidades como Viana do Bolo, O Barco, A Rúa ou mesmo A Baña, xa na provincia de León. Entre os convidados polo propio alcalde, Manuel Corzo, había representantes políticos como a delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz ou o alcalde da Veiga, Juan Anta e a alcaldesa de Carballeda de Valdeorras, Mª Carmen González así como o actor, director e produtor ourensán, Rubén Riós, que por segundo ano consecutivo abría o xantar coa lectura do pregón.

Coma sempre, o apartado musical correu por conta da charanga Os Centellas de Ourense.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button