Galerías de fotosÚltima hora

O Bolo e a música tradicional galega atraen a turistas rusos

O grupo de rusos no II Festival no Castelo do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

O festival de música tradicional galega celebrado na tarde do 14 de xullo no Castelo do Bolo, tivo este ano un carácter internacional. E non só polos músicos (algúns chegados dende os centros galegos de Cuba, Arxentina ou Suíza) senón tamén polo público.

Entre os asistentes, que escoitaban atentos a gaiteiros e cantareiras, había sobre todo veciños do municipio bolés, pero tamén un grupo de persoas de nacionalidade rusa de diferentes partes do país. Un deles está casado cunha veciña da Veiga e como bos turistas asistiron ao espectáculo cámara de fotos en man, portando (no caso dos homes) camisetas con claras referencias a Galicia e a súa cultura.

Máis información e fotos na seguinte ligazón:https://osil.info/musica-tradicional-galega-e-cetreria-no-ii-festival-no-castelo-do-bolo/

Artigos relacionados

Back to top button