ConcellosÚltima hora

O Bolo, O Barco e Chandrexa, entre os concellos ourensáns que veñen de recibir material e equipamento de emerxencias

O acto de entrega tiña lugar este 1 de febreiro en Pereiro de Aguiar coa asistencia do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda

 

Acto de entrega de material e equipamento de emerxencias a concellos ourensáns.

Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil e GES de 10 concellos da provincia de Ourense recibían esta mañá de 1 de febreiro en Pereiro de Aguiar diverso material e equimamento de emerxencias. No acto de entrega contábase coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, que estivo acompañado polo director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva; e o xerente da Axega, Marcos Araújo; entre outras autoridades.

Os concellos recibiron tres remolques de emerxencias, 4 pick-ups, dous furgóns e un equipo de excarceración. Os beneficiarios foron Allariz, Amoeiro, Os Blancos, O Bolo, Carballeda de Avia, Chandrexa de Queixa, Xunqueira de Ambía, Pereiro de Aguiar, Muíños e O Barco de Valdeorras. En total, suman un investimento de preto de 352.000 euros.

“Este apoio vén a recoñecer tamén o labor esencial que realizan os voluntarios e voluntarias, así como os profesionais que traballan na prevención e atención ás emerxencias e contribúen así á seguridade de toda a cidadanía”, segundo a Xunta.

 

O vicepresidente da Xunta saudando a membros de Protección Civil do Bolo, xunto ao alcalde deste concello e ao director xeral de Emerxencias.

Artigos relacionados

Back to top button