Publicidade
ConcellosÚltima hora

O Bolo recupera tres muíños situados no entorno do Santuario das Ermitas

Un deles é hidroeléctrico o Concello pretende convertelo nunha pequena fábrica de luz con fins turísticos

 

Co fin da posta en valor do seu patrimonio etnogróafico, o Concello do Bolo vén de realizar unha actuación de rehabilitación dun muíño hidroeléctrico no entorno do Santuario da Ermitas. executada grazas as axudas da Consellería de Cultura e Turismo, que achega o 65% do total do custo do proxecto.

Esta actuación forma parte dunha intervención máis ampla de rehabilitación doutros elementos patrimoniais deste concello ourensán que incluíu, ademais, a restauración doutros dous muíños, un fariñeiro e outro de aceite, emprazados na marxe do río Bibei, en As Ermidas.

O pasado 20 de novembro a delegada da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz, acompañada polo alcalde do municipio, Manuel Corzo, e por outros membros do grupo de goberno, coñeceu os traballos realizados para recuperar o muíño e reconvertelo nunha pequena fábrica de luz, co obxectivo de amosar aos visitantes o procedemento usado para a produción de electricidade, xa que coa pequena central se abastecerá de enerxía ao propio muíño. A actuación incluíu tamén traballos de limpeza e acondicionamento dos accesos, así como de sinalización.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close