ConcellosÚltima hora

O Bolo, Río, Viana e A Veiga, entre os concellos que recibirán unha coitela para retirar neve

Ademais contarán con outro tipo de material de emerxencias outros 23 municipios da provincia, entre eles A Rúa e A Pobra de Trives

Coitela para retirada de neve./ Foto cedida.

 

O Diario Oficial de Galicia (DOG) deste 11 de novembro vén de publicar unha resolución do 30 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se resolve a adxudicación, en réxime de concorrencia competitiva, de equipamentos de emerxencias a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

No caso da provincia de Ourense serán case unha trintena, entre concellos e mancomuniades, os que recibirán algún titpo de equipamento.

Da liña 5, que supón a adxudicación dunha coitela para retirada de neve, benificiaranse os concellos ourensáns de: O Bolo, A Mezquita, Parada de Sil, Riós, San Xoán de Río, San Cristovo de Cea, Viana do Bolo e A Veiga, así como a Mancomunidade de Terras de Celanova.

Outros equipamentos de emerxencia

Entre os concellos aos que tamén se lles vén de adxudicar material de emerxencias figuran A Pobra de Trives,  Petín, Barbadás que contará cun esparexedor de sal, así como A Rúa que recibirá un remolque para a atención ás emerxencias; ou Allariz, a Mancomunidade do Ribeiro e Vilar de Barrio que contarán cun vehículo pick up.

Artigos relacionados

Back to top button
Close