OurenseÚltima hora

O Bono Concilia chega a Ourense

A Xunta dá a coñecer a axuda económica, que colabora cos pais no pago das mensualidades de escolas non públicas
O prazo para solicitar este bono estará aberto até o 30 de maio.
O prazo para solicitar este bono estará aberto até o 30 de maio.

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, visitou esta mañá, 16 de maio, a cidade de Ourense para dar a coñecer o Bono Concilia. Acompañada pola delegada territorial na provincia, Marisol Díaz Mouteira, explicou a finalidade desta medida, que ten por obxecto contribuír ao pago do custo da escola infantil no suposto de quedar sen praza nunha sostida con fondos públicos ou residir nunha localidade onde non existan centros sostidos con fondos públicos.

Neste senso, González informou que se manterá aberto o prazo ata o vindeiro 30 de maio para que os pais e as nais poidan solicitar esta axuda. Consiste nunha cantidade mensual que se fixará en función da renda per cápita da unidade familiar e que oscilará entre os 250 euros mensuais para unha praza en réxime de xornada completa con servizo de comedor para as rendas máis baixas e os 45 euros para as rendas máis altas.

Esta axuda económica enmárcase dentro do Programa de Apoio á Natalidade de Galicia e vai dirixida a colaborar cos pais no pago das mensualidades nunha escola infantil non financiada con fondos públicos por un período de tempo máximo de 11 meses.

Artigos relacionados

Back to top button