EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O botelo, a estrela do menú tamén nos restaurantes

Oito establecementos de Valdeorras inclúen o emblemático embutido nas súas cartas esta fin de semana

 

Unha vez que a Festa do Botelo encheu o pavillón de Calabagueiros, estendéndose a súa promoción pola Coruña, Vigo e proximamente Madrid, o obxectivo do Concello do Barco é que cada vez se sumen máis restaurantes á iniciativa, ofrecendo nos seus menús o seu emblema gastronómico, a xoia culinaria do Barco de Valdeorras.

“O ano pasado servíronse 450 menús e esperamos seguir aumentando”, dixo o alcalde na presentación da festa, desexando que nalgún momento se sumen tamén os grandes locais de hostalaría. “A capacidade do pavillón é a que é polo que o futuro pasa pola implicación da hostalaría local e mesmo comarcal”, dixo no seu momento.

Finalmente son oitro os establecementos que durante a fin de semana do 18 e 19 de xaneiro inclúen o botelo nos seus menús: Tapería Al Natural, Pulpería El Dorado, Cafetería Restaurante Fernando III, Casa Galaica, Restaurante Piquiño, Casa Lameiro, La Gran Tortuga (só o día 18), e por primeira vez un de fóra do Barco, o restaurane do Hotel Calzada en Arcos (Vilamartín de Valdeorras).

Nesta galería de imaxes podemos ver comensais en tres dos locais (Piquiño, Casa Galaica e Fernando III) que no mediodía deste sábado colgaban o cartel de completo, cun gran ambiente festivo nos comedores.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button