EconomíaEconomíaÚltima hora

O Botelo do Barco chega a Vigo por segundo ano

O sábado 5 de marzo celebrarase no Hotel Coia unha nova edición da cita gastronómica
Os alcaldes do Barco e Vigo, Alfredo García e Abel Caballero, na pasada edición da Festa do Botelo en Vigo. /Foto: Carlos G. Hervella.
Os alcaldes do Barco e Vigo, Alfredo García e Abel Caballero, na pasada edición da Festa do Botelo en Vigo. /Foto: Carlos G. Hervella.

A estela da Festa do Botelo segue profundamente marcada e en menos dun mes celebra as dúas secuelas, precedidas polo éxito das pasadas edicións. O 20 de febreiro o restaurante Mirador de San Pedro acollía a III edición da cita gastronómica na Coruña con máis de 250 comensais e mañá 5 de marzo, celebrarase a II edición da Festa do Botelo en Vigo.

Dende a Concellería de Cultura do Barco, promotora do evento, adiantan que o xantar será de novo no Hotel Coia a partires das 14:30h. Cun prezo de 25 euros o menú constará de empanada de maravallas (prato tradicional do Barco), sopa de cocido, e botelo con chourizos, patacas e verdura. De postre bica e o viño, tinto da Cooperativa Xesús Nazareno do Barco. A sobremesa contará cunha actuación musical.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button