EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Botelo do Barco, un dos protagonistas na clausura do 20 Salón Internacional de Turismo Gastronómico

O cociñeiro barquense Carlos Parra foi o encargado de elaborar o menú degustación en Xantar

Un ano máis, o Barco de Valdeorras era un dos concellos encargados de baixar o pano do Salón Internacional de Turismo Gastronómico que celebrou a 20 edición entre o 6 e o 10 de febreiro, en Expourense. E facíao amosando o seu produto culinario por excelencia, o Botelo, que pouco a pouco vaise dando a coñecer dentro e fóra da comarca e tamén da provincia de Ourense.

En xaneiro, celebrábase no Barco a XIX edición da Festa do Botelo, o 16 de febreiro viaxará ata A Coruña e en marzo ata Vigo, e nesta edición de Xantar, tiña tamén o seu propio espazo. No acto de clausura, a concelleira de Turismo Irene Dacal era a encargada de convidar aos asistentes a visitar O Barco e de paso probar o seu prato estrela, e de seguido tiña lugar a degustación nunha das aulas do salón, maridado con viño de Valdeorras. O encargado de cociñalo foi o cociñeiro barquense Carlos Parra.

Fotos: Carlos G. Hervella, excepto a última que é cedida.

Artigos relacionados

Back to top button