EconomíaEconomíaÚltima hora

O Botelo e Valdeorras, nun vídeo promocional da VI Festa do Botelo na Coruña

Neste traballo, con guión e coordinación de José Ángel Rodríguez Delgado, proxéctase a gran cantidade de recursos desta comarca e difúndese a celebración da Festa do Botelo 2019 na Coruña o 16 de febreiro

“Valdeorras, porta e teito de Galicia”. Con esta mensaxe comeza un vídeo promocional (de apenas 3 minutos e medio) sobre esta comarca galega que vén de realizarse con motivo da celebración da VI Festa do Botelo na Coruña. “Valdeorras é Botelo”, destácase neste traballo, pero tamén moito moito máis. E así se demostra cun percorrido pola gastronomía, polas paisaxes, de val e montañas; polos seus numerosos recursos e patrimonio e polas múltiples manifestacións culturais e deportivas desta zona.

No vídeo, con guión e coordinación de José Ángel Rodríguez Delgado, difúndese a próxima celebración da Festa do Botelo 2019 na Coruña, prevista para o 16 de febreiro no Restaurante Monte de San Pedro e promovida polo Concello do Barco. “O botelo é o noso embaixador, pero temos moito máis e queríamos mostralo no video”, comenta Rodríguez Delgado. Ademais a peza conclúe con información sobre este embutido “para que a xente que non o coñeza saiba exactamente que é”.

O video pode verse en:
https://www.youtube.com/watch?v=wu-aqhPjE5k&app=desktop

Artigos relacionados

Back to top button