En portadaGalerías de fotos

O Botelo valdeorrés conquista Vigo

O Hotel Coia acolleu o primeiro xantar con produtos do Barco

Despois do éxito en xaneiro no Barco e en febreiro na Coruña, o Botelo continúa o seu percorrido promocional por Galicia. A última cita co emblema gastronómico barquense tiña lugar no Hotel Coia de Vigo. Alí, unhas 160 persoas dábanse cita no mediodía do sábado 14 de marzo para degustar un menú co botelo con chourizo, patacas e grelos como prato principal, que tamén incluíu empanada de maravallas e sopa de fideos. De postre, bica e para beber, viño Valdouro e licores. Todo do Barco de Valdeorras.

Entre os asistentes a esta I Festa do Botelo en Vigo, estaban o alcalde do Barco, Alfredo García; o tenente de alcalde, Eduardo Ojea; o alcalde de Vigo, Abel Caballero; e a tenente de alcalde viguesa, Carmela Silva.
Como toda festa que se precie, o xantar do Botelo na cidade olívica remataba con baile.

Máis información ha vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button