CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Bran Cuartet faise co terceiro premio no X Concurso de Luou

Este é o segundo premio no que vai de outono que logra este cuarteto de Castro Caldelas
Os integrantes do Bran Cuaret co trofeo e o detalle do premio. Foto cedida pola Asociación Cultural Bran.
Os integrantes do Bran Cuaret co trofeo e o detalle do premio. Foto cedida pola Asociación Cultural Bran.

“Moi contentos” regresaban do X Concurso de Música Tradicional de Luou (Teo) os integrantes do Bran Cuartet. Este cuarteto, pertencente á Asociación Cultural Bran de Castro Caldelas, lograba o terceiro premio neste certame, considerado o segundo máis importante deste tipo de música en Galicia. Tiña lugar o 23 de outubro.

O Bran Cuartet interpretaba dúas pezas no concurso: a “Jota de Forcarei” (peza tradicional con arranxos propios) e “A Cinseira” de Agustín Sánchez (tamén con arranxos propios). Con estes dous temas o cuarteto colleitaba asemade outro terceiro premio no XLIX Concurso de gaitas de Ponteareas (o máis antigo de Galicia de música tradicional).

En Luou o cuarteto estaba formado por Diego Prieto e Xabier Pereira (gaitas), Diego López (tamboril) e Oliver Rúas (bombo).

Artigos relacionados

Back to top button