EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O Bravo Lux da Rúa acolle a actividade “Pincha e cata intercambio de cordialidade”

Terá lugar o vindeiro venres, día 23 de agosto, e está enmarcada dentro das actividades da Ruta do Viño de Valdeorras

 

Cartel da actividade.

 

A Asociación da Ruta do Viño de Valdeorras organiza a actividade “Pincha e cata intercambio de cordialidade”, no Bravo Lux da Rúa o vindeiro 23 de agosto ás 20:30 horas. Así, todas as persoas participantes poderán degustar 6 viños das adegas dos concellos de O Barco de Valdeorras e Rubiá acompañados de petiscos.

Ademais, haberá unha segunda velada que se celebrará no Barco, e serán as adegas da Rúa, Vilamartín e Petín as que expoñerán os seus viños.

A encargada de dirixir esta actividade será a sumiller Mercedes González, e terá un custo de 5 euros por persoa. Así, as persoas que desexen participar deberán reservar no número 604 07 87 53.

 

Viña valdeorresa.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close