EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Bravo Lux da Rúa celebra o fin da vendima cunha festa

O dúo Carta de Ajuste amenizou a velada na noite do 11 de outubro

 

Nada mellor que unha boa festa para celebrar o fin da vendima en Valdeorras. Polo menos así o entenden dende hai 4 anos no Bravo Lux da Rúa, establecemento hostaleiro que na noite do venres 11 de outubro organizaba unha completa velada con gastronomía, música e premios.

A partir das 22 h. o local convidaba aos asistentes a unha gran pinchada de carne guisada con patacas e de seguido tiña lugar a actuación do dúo musical e humorístico Carta de Ajuste, un grupo que nace por accidente no ano 2010 como un proxecto baseado no versionado de grandes éxitos da música pop-rock en español dos anos 80 e 90 en formato acústico.

 

O dúo Carta de Ajuste nun momento da actuación.

 

Baixo o lema “O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto”, Carta de Ajuste articula un show no que comedia e música fusiónanse a partes iguais, buscando a complicidade e interacción do espectador en todo momento e atrapando a quen se achega nunha festa disparatada pero dentro dun orde.

No trascurso da noite sortearanse varios lotes de viño entre os asistentes, para dar por festexado o remate dos labores da vendima na comarca.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button