CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

O Bravo Lux pecha hoxe a programación de concertos 2019 coa actuación de Soul & Roll

A festa da música dos anos 80-90 será a partir da medianoite

Soul & Roll son Tamara Pérez e Miguel Araújo.

 

Hoxe 28 de decembro, o Bravo Lux da Rúa remata a programación de concertos 2019, convidando a unha nova festa da música dos 80-90 da man de Soul & Roll, un dueto formado por Miguel Araujo á guitarra e a televisiva Tamara Pérez á voz. A partir da medianoite e adentrados na madrugada do 29 ofrecerán unha velada para gozar e bailar mentras sonan de fondo eses temas que tantos recordos nos traen.

Soul & Roll propón un espectáculo musical acústico innovador, cuns arranxos músico-vogais adaptados e traballados ao detalle. “Unha voz, coros, guitarras acústicas, baixo, ukelele, percusión menor, bombo e un Loop Station que permite tocar todos estes instrumentos e facelos soar á vez creando os bucles musicais máis espectaculares e sorprendentes que, peza a peza, constrúen os grandes éxitos que todo o mundo desexa escoitar en vivo e rigoroso directo”, apuntan dende Hermanager Producións.

O repertorio inclúe unha selección de cancións emblemáticas e grandes clásicos do pop-rock español dos anos 80 de artistas como Luz Casal, Miguel Ríos, Mecano, La Guardia, Siniestro Total, Los Secredos, Danza invisible, Manolo García, Antonio Flores, Nacha Pop, Alaska… e tamén dos anos 90 e actualidade como Fito e Fitipaldis, La Oreja de Van Gogh, Mclan, Manolo García, Maná…, ademais de grandes temas internacionais de onte e de hoxe de artistas como Queen, Creedence Clearwater Revival, Jackson Five, Journey, Police, U2, Bon Jovi, Nirvana, Guns and Roses, Jason Mraz, Avicii, Pharrel Wiliams, Bruno Mars, Adele, Rihana, Camila Cabelo, Ed Sheeran…

Artigos relacionados

Back to top button