OurenseÚltima hora

O BRIF de Laza recibe a visita do subdelegado do Goberno en Ourense

A base contra incendios conta con dous helicópteros e máis de 70 efectivos en 3 turnos
Base do BRIF de Laza.

Coa chegada do verán e das altas temperaturas, dispárase o risco de incendios forestais, especialmente virulentos na provincia de Ourense, sendo de vital importancia o labor de extinción que levan a cabo dende o BRIF (Brigadas de Reforzo de Incendios Forestais) de Laza.

Por iso, a piques de comezar a campaña de extinción (ábrese o 1 de xullo), a base, unha das máis activas de España que conta con dous helicópteros e máis de 70 efectivos en 3 turnos, recibía na mañá do 26 de xuño, a visita do subdelegado do Goberno Emilio González Afonso, acompañado polo alcalde de Laza Jesús Blanco Conde.

Alí, no transcurso dunha demostración realizada na propia base de helicópteros, o subdelegado pudo comprobar a alta capacitación profesional e sincronización dos técnicos. De feito, os dous helicópteros coas súas correspondentes brigadas de extinción “poden estar no aire nun tempo de entre 10 e 15 minutos con destino ao lugar do incendio”, comentaron os técnicos que informaron ao subdelegado do funcionamento da base, así como das actividades que realizan tanto de preparación e formación, como de prevención e extinción.

Os responsables do BRIF de Laza tamén informaron ao representante do Goberno na provincia “da necesidade de ampliación da base e da mellora dos accesos”. Emilio Glez. Afonso pola súa banda comprometeuse a trasladar as demandas á Dirección Xeral de Medio Rural, Innovación e Política Forestal do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button