Sete son xa as persoas afectadas polo brote de coronavirus que se facía público o que se daba a coñecer o 29 de agosto. “O gromo de carácter familiar detectado no concello da Rúa ascende a 7 afectados co positivo dun menor”, tal e como confirma a Consellería de Sanidade.
Este brote afectaba inicialmente a tres persoas, pero xa o domingo 30 de agosto se notificaban por parte de Sanidade outros tres casos aos que agora se suman outros tres. Continúa activo o seguimento dos seus contactos, indica Sanidade.