En portadaÚltima hora

O brote de Covid de Viana do Bolo suma xa trece positivos

O rastrexo dos contactos revela outros sete contaxios, que están xa en situación de illamento domiciliario, segundo o Sergas

 

O seguemento dos contactos do brote importado de Covid-19 detectado nunha mesma unidade familiar en Viana do Bolo o pasado domingo revela novos positivos. Así, nun primeiro momento afectaba a seis persoas dunha mesma familia, pero tras activarse o protocolo de identificación, control e seguimento dos seus contactos máis estreitos e realización das probas diagnósticas ás persoas do seu entorno veñen de detectarse outros sete casos máis de contaxio.

Trátase dunha muller de 46 anos, dunha moza de 12 anos e de cinco homes de 60, 59, 26, 21 e 16 anos de idade polo que o gromo afecta neste intre a 13 pacientes que están nos seus domicilios en situación de illamento e pasarán no día de hoxe a estar controlados telefonicamente e a través da plataforma TELEA e tamén a seguemento polos profesionais sanitarios de seu centro de saúde, tal e como confirma a Consellería de Sanidade

Ante a posibilidade de novos contaxios, a Consellería de Sanidade segue a traballar co obxectivo de limitar o risco de novas infeccións, tomando as medidas preventivas indicadas nos protocolos aplicables a esta situación.

Unha vez mais, desde a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras instase a poboación a manter a vixilancia e seguir cumprindo as instrucións das autoridades sanitarias: Hixiene de mans frecuente, emprego de máscara e distanza de seguridade e, ante calquera síntoma compatible coa infección, como tose, febre, cansazo…, quedar na casa e evitar o contacto con outras persoas, ata recibir instrucións desde os seus centros de saúde ou PAC.

Dous novos brotes na provincia: en Ourense e Verín

Ademais, o pasado domingo 16 de agosto detectouse un caso positivo importado de COVID-19 nunha muller de 49 anos de idade que tras referir leves síntomas da enfermidade foi sometida a unha proba diagnóstica PCR. Desde ese momento atópase en situación de illamento e comezou o estudo a todos os seus contactos máis estreitos.

“Froito dese estudo e identificación dos contactos realizáronse as probas PCR correspondentes arroxando outros dous novos casos positivos na súa unidade familiar en dúas mozas de 21 e 15 anos de idade”, explican dende o Sergas.

Neste momento as tres pacientes deste brote están en situación de illamento domiciliario controladas e monitorizadas en todo momento pola plataforma Telea e a seguimento polo persoal sanitario do seu centro de saúde, indica o Sergas.

Por outra banda, o seguemento dos contactos máis estreitos dunha muller que deu positivo e que estivo recentemente no concello de Verín detectou outros tres casos nun mesmo entorno familiar de dous homes de 67 e 37 anos e dunha muller de 67 anos de idade. Este caso importado activou o protocolo de identificación, control e seguimento dos contactos estreitos da familia e realización das probas diagnósticas correspondentes sin que ata o de agora haxa máis afectados.

Neste momento os tres pacientes se atopan en situación de illamento en domicilio a seguimento polos profesionais sanitarios do seu centro de saúde e serán monitorizados polo plataforma TELEA para o seguimento constante e o control na evolución dos seus síntomas.

Artigos relacionados

Back to top button