En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O C.D Barco mantén o soño da promoción

Co 1-0 ante o Choco, o conxunto vermello despide a fase regular da liga en Calabagueiros

Despois de máis de oito meses de dura competición, de partidos para lembrar e outros para esquecer, de bos e malos resultados, o C.D. Barco chegaba á penúltima xornada da liga en terceira división co soño da promoción intacto.

Na tarde do 12 de maio, e como non podía ser doutro xeito, as bancadas de Calabagueiros volvían encherse de afeccionados para ver outra das grandes finais da tempada. Despois do minuto de silencio polo árbitro recentemente falecido, dende o 6º posto da clasificación, o Barco de Manolo Pérez saltaba ao terreo de xogo disposto a lograr a vitoria que o acercara un paso máis aos play off polo ascenso a segunda división B. Dende o 4º o C.D. Choco de Redondela non estaba disposto a poñerllo fácil, e xuntos protagonizaron unha calurosa tarde de fútbol.

 

Juanito celebrando o gol que deu a vitoria ao C.D. Barco.

Tras varios minutos sen opcións para ningúns dos dous equipos, finalmente era o pase de Ivi Vales que Yago remataba en propia meta, abría o marcador para os locais no minuto 30. Co 1-0 chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario, o Choco atacaba na procura do empate aínda que o conxunto vermello, malia quedar con dez xogadores no campo trala expulsión de Omar por dobre cartón amarelo (Yago tamén era expulado por acumulación de tarxetas) impedía cambios no marcador, con varias opcións máis dos barquenses que non chegaron á meta.

Con esta importantísima vitoria o C.D. Barco podería xogarse a promoción na vindeira xornada, a última da tempada, no campo carballinés de Espiñedo ante o C.D. Arenteiro.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button