DeportesÚltima hora

O C.D. Barco recibirá 8.080 euros do programa “Canteira con Valores” da RFEF

É un dos clubs de terceira división que recibirán estes cartos da Real Federación Española de Fútbol

Campus de tecnificación do C.D. Barco hai uns anos. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Federación Galega de Fútbol ingresará máis de 187.000 euros procedentes do programa “Canteira con Valores” da RFEF aos clubs galegos da Segunda B e da Terceira División entre os que está o C.D. Barco.

Os fondos deste novo programa que puxo en marcha a Federación Española de Fútbol, proceden da UEFA a través de plans de fomento da canteira, de solidariedade e contra o racismo. “Este diñeiro chega en última instancia das competicións europeas que disputan os grandes clubs -UEFA Champions League e UEFA Europa League- e por primeira vez na historia repártese entre clubs non profesionais”, explican dende a federación galega.

Os datos que corresponden aos clubs da Segunda División B na tempada 2018/2019 son de 16.643,26 euros, mentres que os de Terceira División reciben 8.080,54 euros.

Artigos relacionados

Back to top button