DeportesÚltima hora

O C.D. Barco estrea a tempada en 3ª cunha vitoria ante o Verín

Co 0-2 no primeiro partido da liga desputado no campo Xosé Arjiz, o conxunto barquense lidera a clasificación
Os xogadores do Barco celebrando un gol.
Os xogadores do Barco celebrando un gol.

A domicilio e coa segunda equipación. Na tarde do 23 de agosto, o equipo sénior do Centro de Deportes Barco estreábase na terceira división nacional sumando os tres primeiros tantos nun gran derbi ourensán, ante o Verín CF no campo Xosé Arjiz.

Despois dunha longa e intesa pretempada, o equipo do Barco acompañado por un grupo de afeccionados, desprazábase ata Verín para desputar o primeiro partido da tempada ante outro recén ascendido. A expectación era moita e os rapaces de Javi Rey non defraudaron, marcando os goles da vitoria na primeira metade. Os dous foron obra de Rodri, o primeiro no minuto 18 e o segundo no minuto 44.

O xogador barquense dirixe a xogada no Xosé Arjiz.
O xogador barquense dirixe a xogada no Xosé Arjiz.
A afección do C.D. Barco animando dende a bancada.
A afección do C.D. Barco animando dende a bancada.

Co 0-2 no marcador, o CD Barco sitúase líder da clasificación seguido polo Rápido Bouzas. O seguinte partido será o domingo 30 de agosto en Calabagueiros contra As Pontes que empataba a uns en casa ante O Bergantiños.

Fotos: Sandra García

Artigos relacionados

Back to top button