DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Barco suma e segue cunha nova vitoria en Calabagueiros

Co 2-1 remataba o partido ante o Rápido de Bouzas disputado na tarde do 6 de outubro

 

Unha vitoria máis, e xa van catro consecutivas, conseguía o C.D. Barco na tarde do 6 de outubro no campo de Calabagueiros ante o Club Rápido de Bouzas.

Ás cinco e media da tarde e un domingo máis diante dun bo número de afeccionados, o conxunto vermello saltaba ao campo disposto a sumar os tres puntos en xogo, diante dun Rápido de Bouzas que non lle puxo as cousas fáciles. Aínda así eran os locais os que se adiantaban no marcador grazas ao gol de Íñigo Pisón no minuto 9 do encontro rematando a primeira parte co 1-0 no marcador. Tras varios intentos fallidos, non sería ata o minuto 69, xa na segunda metade, cando Juanito Bazo poñía o 2-0, sendo no 90′ cando Tape marcaba para os pontevedreses, un conxunto que conta nas súas filas cun ex xogador barquense (Edu Otero) quen fichara polo Barco na última campaña de Javi Rey aínda que tivo que deixar o equipo.

 

 

Co 2-1 no marcador o Barco mantense no alto da clasificación en terceira división, en postos de promoción, á espera da vindeira xornada que levará aos rapaces de Manolo Pérez ata o campo da Cheda, en Lugo, para xogar contra o Polvorín FC.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close