DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Barco suma os primeiros puntos da pretempada ante o Bembibre

Os vemellos vencían 2-0 aos negros do Bembibre en Calabagueiros

Moito teñen que rodar os rapaces do C.D. Barco para estar ao 100% despois dun mes de descanso pero a primeira proba xa está superada. 2-0 vencía o conxunto vermello na tarde do 28 de xullo no campo de Calabagueiros diante dun Bembibre que esperaba máis.

Tras unha primeira parte con máis oportunidades pero sen resultado para os visitantes e co 0-0 no marcador, chegaban os goles locais, o primeiro de Santiago Núñez e o segundo de Ivi Vales.

Con este resultado no primeiro amigable do calendario, os de Manolo Pérez suman os primeiros tres puntos da pretempada. A seguinte cita, será de nivel, o 1 de agosto ante o Ponferradina de segunda B.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button