DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Barco vence ao Valladares en Calabagueiros

Co 3-1 no marcador remataba o encontro correspondente á xornada 29 na preferente sur

Ao equipo sénior do Centro de Deportes Barco non hai quen o pare. Tras seis xornadas sen perder, os rapaces de Javi Rey sumaban na tarde do domingo 22 de marzo, unha nova vitoria, nesta ocasión ante o C.D. Valladares.

Nunha primeira metade intensa en Calabagueiros, Rodri adiantaba ao Barco no marcador, marcando o segundo e o terceiro tantos Quintana xa na segunda metade. Co 3-1 final no marcador, o conxunto vermello e azul sumanba con claridade os tres puntos en xogo continuando con paso firme camiño da terceira división.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button