CD BarcoDeportesÚltima hora

O C.D. Barco xogarase o ascenso a 2ª B en Balaídos (Vigo)

O conxunto vermello enfrontarase ao Compostela na semifinal do play off exprés o 18 de xullo

Xogadores do C.D. Barco celebrando un gol en Calabagueiros. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Levaba días con moitas probabilidades pero non era ata hoxe, cando se confirmaba oficialmente que o play off de ascenso a segunda División B, disputarase no Estadio Municipal de Balaídos logo de que o Concello de Vigo respondese de xeito afirmativo á solicitude presentada pola Real Federación Galega de Fútbol.

Os catro equipos que participarán nesta competición exprés, condicionada pola pandemia do coronavirus, son: SD Compostela, Ourense CF, Arousa SC e CD Barco. Para este último será un partido xa de por si histórico e sen dúbida un premio a un excelente campaña en terceira división, truncada pola crise. Malia telo complicado, o adestrador do conxunto vermello, Manolo Pérez asegura nunha entrevista publicada no número de xuño de O Sil Deportivo que “teñen opcións”, sentenciando que “O Barco é un equipo perigoso e no momento en que haxa que sacar garra estará aí e non se vai arrugar”.

 

Estadio Municipal de Balaídos (Vigo).

 

Datas:

  • Sábado 18 de xullo, semifinal: SD Compostela – CD Barco.
  • Domingo 19 de xullo, semifinal: Ourense CF – Arosa SC.
  • Sábado 25 de xullo, final.

Segundo a RFGF, os horarios tanto das semifinais como da final están aínda por determinar. En caso de empate non haberá prórroga nin penaltis, polo que serán os mellores clasificados os que accedan á final en caso de empate nas semifinais e ascenderá de categoría o mellor clasificado se a final tamén remata cun empate.

Artigos relacionados

Back to top button