DeportesÚltima hora

O C.D. Barco xógase o ascenso directo e a liga en Calabagueiros

O conxunto barquense enfrontarase ao Rápido Bahía a partires das 18h. no último partido de liga
Os xogadores do C.D. Barco saudan á afección tralo partido ante o Gondomar. /Foto: Mónica G. Bellver.
Os xogadores do C.D. Barco saudan á afección tralo partido ante o Gondomar. /Foto: Mónica G. Bellver.

Mañá será o día. Malia que hai xa unhas xornadas que tanto o club como os afeccionados esperaban poder celebrar a liga e o ascenso directo á terceira división, será mañá na última xornada da tempada en preferente, cando o equipo sénior do Centro de Deportes Barco terá que dalo todo para festexar, por todo o alto, a vitoria (tamén lle valería o empate) que pecharía unha gran campaña, ascendendo de categoría pola porta grande.

Será en plenas festas de Santa Rita, o domingo 24 de maio a partires das 18h, cando os rapaces de Javi Rey salten ao terro de xogo en casa, no campo de Calabagueiros, para enfrontarse ao Rápido Bahía, un equipo que se atopa en postos de descenso.

Lembremos que o C.D. Barco mantense como líder con 74 puntos seguido polo Verín e o Portonovo con 72 puntos cada un.

Artigos relacionados

Back to top button