DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Rúa suma a segunda vitoria da tempada

Os amarelos vencían 4-2 ao Amoeiro na 5ª xornada de liga en segunda Galicia

 

Cun penalti en contra dos locais comezaba e remataba o partido da 5ª xornada de liga en segunda Galicia, disputado na tarde do 6 de outubro no campo Vicente Solarat Maceda entre o C.D. Rúa e o Amoeiro CF.

Apenas levaban doce minutos de partido cando o colexiado pitaba un penalti favorable ao Amoeiro que Antonio Conde se encargaba de transformar, adiantando aos visitantes no marcador ata que Juan marcaba o gol do empate xa no minuto 27.

 

 

Co 1-1 chegaba o descanso e tralo paso polo vestiario o Rúa seguía sumando. Brais marcaba no minuto 51 e Sergio no 69′, sendo Alberto quen poñía o 4-1 no minuto 77. Igual que empezara, o partido remataba coa transformación dun penalti por parte do Amoeiro xa en tempo de desconto, quedando no marcador o 4-2 final.

Con esta nova vitoria, a segunda da tempada, o Rúa sitúase na metade da táboa con 8 puntos. Na seguinte xornada, desprazarase ata o campo do Agro para disputar o derbi cos veciños do C.D. Trives que adestra o rues David Pérez.

 

Fotos: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button