DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Rúa suma e segue cunha nova vitoria en casa

3-1 vencía ao  Barra de Miño no campo Vicente Solarat Maceda na xornada 21 de segunda autonómica

O equipo sénior do Club Deportivo Rúa vén de sumar a terceira vitoria consecutiva, a segunda no campo recentemente bautizado campo Vicente Solarat Maceda. A primeira tiña lugar na última xornada do mes de xaneiro contra Vilamarín, ao que superaba por 3 goles a 2. Despois viría o 1-3 no campo do Palmés e hoxe, domingo 10 de febreiro, o 3-1 de novo en casa contra o Barra de Miño.

Malia o bo xogo dos rapaces de Javi Ferrer, eran os visitantes quenes se adiantaban no marcador cun gol no minuto 35 da primeira parte. Con todo, nada máis comezar a segunda parte, Miguel igualaba o marcador e despois virían os goles de Bebeto (futbolista de referencia no club rues que regresa ao Rúa depois de meses sen xogar) no minuto 59 e de Armando no 77′.

O resultado xa non se movería e os amarelos suman tres importantes puntos que o afianzan nos postos de promoción (son cuartos, a dous puntos do terceiro clasificado). A vindeira cita será no campo do Toén.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button