DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Rúa suma e segue rumbo aos postos de promoción

Os rueses vencían por 3 goles a 1 ao Santa Teresita na xornada 24ª en segunda autonómica

Pouco a pouco, con paso firme e sen dubidar, e malia que os equipos de cabeza tampouco perdoan, o C.D. Rúa vai sumando puntos na procura do quinto posto que lle dé opción a xogar os play off polo ascenso. Os tres últimos conseguíaos na tarde do 12 de marzo no campo rues do Aguillón ante o Santa Teresita que se atopa dous postos por debaixo.

O primeiro gol local chegaba da man de Miguel xa no minuto 8 e Rober lograba o segundo no 25. Os visitantes acurtaban distancias grazas ao gol de Yvan no 27 rematando a primeira parte do encontro co 2-1. Tralo paso polo vestiario, os xogadores do Santa Teresita comezaron a apretar na procura do empate, sen lograr bater na portería de Iván. Pola contra, era Diego quen sentenciaba o partido ao transformar un penalti no minuto 58.

O marcador xa non se movería e co 3-1 remataba o encontro correspondente á 24ª xornada en segunda autonómica. Un resultado que mantén aos rueses no sexto posto da clasificación, a un punto dos postos de promoción.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button