DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Rúa suma os primeiros puntos da tempada ante o Cea

Cun 2-1 se resolvía o primeiro partido da liga no campo Aguillón, disputado na tarde do 15 de setembro

Cunha vitoria. Así comezaba o C.D. Rúa a tempada en casa, no campo do Aguillón. Despois da derrota no primeiro partido da liga disputado no Carballiño (4-1 ante o Sporting), os de Javi Ferrer persentábanse diante da afección coa imperiosa necesidade de dar unha boa imaxe, e así o fixeron, superando por 2 goles a 1 ao C.D. Cea.

Non houbo goles temperáns e si protestas ao árbitro por parte do banquiño local, tendo que esperar ata o minuto 27 da primeira parte para que Armando adiantara ao Rúa no marcador. Os de Cea non tardaron en reaccionar e tres minutos despois empataban o encontro.

Parecía que o resultado ía quedar en empate, pero no último minuto do encontro, Lora conseguía o gol da vitoria para os amarelos que suman así os tres primeiros puntos da tempada en segunda autonómica.

A seguinte cita para os rueses será a vindeira fin de semana, de novo en casa contra o Arrabaldo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button