En portadaGalerías de fotosÚltima hora

O Rúa suma unha nova vitoria e mantense na zona alta da táboa

3-2 vencía ao Toén F.S. no partido disputado o 21 de outubro no Aguillón

Despois da intensa xornada de fútbol base vivida onte (sábado 20 de outubro) no campo do Aguillón, ao C.D. Rúa aínda lle quedaba un partido por disputar o domingo.

Na tarde do 21 de outubro, o equipo sénior sumaba tres puntos máis que o manteñen na zona alta da clasificación en segunda Galicia, ao superar por 3 goles a 2 ao Toén F.S. Tras unha primeira parte lenta, Petolas adiantaba aos rueses cun tardío gol anotado no minuto 37, que os ourensáns igualaban só dous minutos despois, chegando ao descanso co empate a uns.

Tralo paso polo vestiario, eran os visitantes os que se adiantaban marcado o segundo gol no 62′, sendo de novo Petolas quen igualaba o resultado ao transformar un penalti a favor dos amarelos. E xa no minuto 83, Rober sentenciaba o encontro co terceiro tanto local.

Na seguinte xornada, os de Javi Ferrer viaxarán ata O Carballiño para xogar contra o Salamonde C.F. faroliño vermello da clasificación.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button