DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Viana abre a tempada coa vitoria pola mínima ante o Cartelle

O partido da primeira xornada da liga para os celestes disputábase en casa, no campo das Carrelas que este ano conta con novos asentos nas bancadas

 

Cunha boa sorpresa se atopaban os afeccionados que na tarde do 8 de setembro chegaban ata o campo das Carrelas para asistir ao primeiro partido da tempada do C.D. Viana. Un total de 260 butacas azuis, colocadas propia directiva do club celeste, nas bancadas do campo para maior comodidade dos asistentes.

Tal como eles mesmos explican, conseguiron os asentos do Estadio de Balaídos (por iso son celestes), por mediación de Miguel, un veciño que ten unha cervexería en Santiago que se chama Merlego e que é presidente da Peña Merlegos Celestes (do R.C. Celta de Vigo) de Compostela.

 

Os asentos celestes nas bancadas do campo das Carrelas.

 

No apartado deportivo, o equipo que este ano adestra Juanjo Carballo, comezaba da mellor forma posible. Cunha vitoria, aínda que pola mínima, remataba o partido de segunda autonómica entre o Viana e o Cartelle. Rábano, xogador que recuperaban nesta tempada, marcaba para os locais no minuto 87.

O seguinte partido para o Viana será en Cartelle, o 15 de setembro ante o Muntian-As Maravillas C.F.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button