DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Viana suma a 5ª vitoria da tempada e sube ata o segundo posto da táboa

O conxunto celeste vencía 3-1 ao C.D. Rante San Cibrao no campo das Carrelas

 

Dous empates e cinco vitorias. É o saldo do C.D. Viana no que vai de liga en segunda Galicia, sumando a quinta vitoria na tarde do 20 de outubro no campo das Carrelas ante o C.D. Rante San Cibrao.

Ás catro e media da tarde do domingo, fría e húmida, os xogadores de ámbolos dous equipos saltaban ao terreo de xogo dispostos a sumar os tres puntos en xogo, sendo Gustavo quen abría o marcador para o conxunto local, no minuto 10 da primeira parte. Apenas catro minutos despois a afeción celeste poñíase en pé cando Diego marcaba o segundo gol local. Xa na segunda parte, Sergio recurtaba distancias anotando para o Rante no minuto 57 pero dez máis tarde Héctor sentenciaba o encontro co 3-1 final.

Con este resultado o equipo celeste sube ata o segundo posto da clasificación a dous puntos do líder, o Raio Alaricano. A vindeira xornada, xogará no Touzal, campo do Piñeira Seca F.C.

Once titular do C.D. Viana no partido contra o C.D. Rante San Cibrao.

 

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button