EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

O C.R.D.O. Monterrei e o Concello de Verín asinan un convenio para a XIV Feira do Viño

O convenio de colaboración recolle as cuestións que abonará a entidade, como xa fixeran o pasado ano
Lara Da Silva (presidenta do C.R.D.O.)  e Gerardo Seoane (alcalde de Verín) durante a sinatura.

A presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva Rodríguez, e o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, reuníronse o 4 de xullo pola mañá para asinar un convenio de colaboración entre as dúas entidades destinado á organización da próxima Feira do Viño de Monterrei, que terá lugar do 9 ó 11 do vindeiro mes de agosto.

Este convenio recolle, por escrito, tódalas cuestións que abonará a entidade, repetindo deste modo a sinatura que se fixo o pasado ano. Dito convenio refírese aos aspectos como a montaxe do recinto ferial, actuacións musicais, publicidade ou o acto da Cofradía dos Viños de Monterrei, entre outros.

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

Artigos relacionados

Back to top button