EconomíaEconomíaÚltima hora

O C.R.D.O. Ribeiro colabora na retirada de plásticos nas praias galegas

Esta acción desenvolvese en colaboración coa asociación Mar de Fábula

 

O C.R.D.O. Ribeiro vén de colaborar coa asociación sen ánimo de lucro Mar de Fábula, organizando o evento benéfico “Cata a arte”, o cal se desenvolveu a finais do ano pasado no Castelo de Santa Cruz, en Oleiros.

Nesta actividade recaudaronse 750 euros, os cales se destinaron á limpeza de nove praias dos concellos de Muxía, Camariñas, Malpica, Arteixo, A Coruña e Oleiros, cunha notable participación de voluntarios.

 

 

Ademais, en novembro, organizouse un evento paralelo á inauguración da exposición de arte de María Coira, coa participación das bodegas Alberte, Terra do Castelo, Val do Deva e Viña Costeira, onde participaron máis de 250 persoas. Así, aínda que a entrada era gratuita, solicitouse aos asistentes un donativo dirixido á asociación.

Artigos relacionados

Back to top button
Close