DeportesÚltima hora

O C.T. Rúa comeza a liga galega absoluta cunha vitoria

Os tenistas rueses gañaban 4-3 aos do Cidade de Lugo
Xogadores do C.T. Rúa-Escola Municipal de Tenis que xogaron en Verín. 
Xogadores do C.T. Rúa-Escola Municipal de Tenis que xogaron en Verín.

Manterse na categoría e que os tenistas máis xoves xoguen o maior número de partidos. Eses son os obxectivos que o Club de Tenis Rúa se marca para esta tempada, cuxa competición comezaba o 21 de marzo. O primeiro partido para os rueses que compiten na 2ª división da liga galega absoluta de tenis, foi o desputado ante o Cidade de Lugo ao que derrotaban por 4 a 3.

Por outra parte, con motivo das festas de San Lazaro en Verin, os xogadores das categorías infantil, alevín e benxamín do Club Tenis Rúa-Escola Municipal de Tenis Rúa disputaban un partido contra a Escola Municipal de Tenis de Verín, á que derrotaban. “Foi o primeiro partido oficial de máis de dez xogadores” explica o adestrador, Julio López.

A nivel individual, Bruno López chegaba á final absoluta no torneo de tenis de Cubillos onde era derrrotado por Álvaro Terrón por 7-6/0-6/7-6. Nese mesmo campionato, outro tenista do club, Diego Blanco, chegaba ata as semifinais.

Artigos relacionados

Back to top button