PolíticaÚltima hora

O cabeza de lista ourensán de Recortes Cero-Espazo Común-Os Verdes visita Valdeorras e Viana

 

A mala situación das infraestruturas na parte oriental da provincia de Ourense era unha das cuestións nas que incidía Francisco Fraga, cabeza de lista por Ourense da coalición Recortes Cero-Espazo Común-Os Verdes- Veciños Municipalistas, na visita que realizaba o venres 3 de xullo a Viana do Bolo e a Valdeorras, acompañado por Pachxi Vázquez e por outros membros da formación desas zonas.

 

Francisco Fraga, cabeza de lista da coalición Recortes Cero-Espazo Común-Os Verdes./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Nesta última comarca, achegábase ata as obras da circunvalación do Barco, “parece que aquí as obras só se poñen en marcha cando hai eleccións”, comentaba Fraga. Tamén se refería ao potencial de Valdeorras en sectores como o viño, o turístico ou o forestal e defendía a necesidade de apostar polos servizos sanitarios e os sociosanitarios. “Valdeorras e esta provincia necesitan un revulsivo, un plan de choque para saír adiante xa, non vale con apaños”.

Fotos cedidas, agás as dúas últimas da galería que son de Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button