EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

O Café Bar Arco Iris do Barco cumpre 30 anos

A festa de aniversario tiña lugar na tarde do 3 de xuño

Nin máis nin menos que tres décadas leva aberto, na céntrica rúa Abdon Blanco do Barco de Valdeorras, o Café Bar Arco Iris. Unha data especial que os seus propietarios, Tino e Elsa quixeron compartir cos seus clientes.

Por iso, na tarde-noite do 3 de xuño, mentres o Real Madrid e a Juventus loitaban pola Copa da Champions, o local de hostalaría barquense celebraba o 30º aniversario cun posto de doces e pinchos que os asistentes ían collendo e tamén un delicioso xamón cortado ao momento por un profesional.

Dentro e fóra do local, a xuventude disfrutaba do fútbol celebrando os 30 anos do Arco Iris.

 

Elsa e Tino diante do Cafe Bar Arco Iris na celebración do 30º aniversario. /Fotos: Carlos G. Hervella.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button