EconomíaEconomíaÚltima hora

O Café Bar-Lisboa do Barco, entre os establecementos que seguen atendendo pedidos por teléfono

Segue atendendo pedidos de tortilla, que logo entrega a domicilio

Ricardo Cela, do Café-Bar Lisboa, cunha das tortillas que fai para pedidos./ Foto cedida.

 

Entre os establecementos que, tras decretarse o estado de alarma polo COVID-19, seguen atendendo encargos por teléfono está o Café-Bar Lisboa do Barco. En concreto, traballa con encargos da súa coñecida tortilla, que entrega a domicilio a cada un dos seus clientes. Os encargos poden realizarse no teléfono 607971804.

Os establecementos que continúen dando este tipo de servizos e queiran difundilo a través da edición dixital de OSIL.info poden facelo enviando información e unha fotografía ao enderezo redaccion@osil.info.

Artigos relacionados

Back to top button