OurenseÚltima hora

O Café El Cercano acolle a presentación da última novela do escritor Francisco Castro

Será o venres 13 ás 20 horas e asistirá tamén a actriz Nati Borrajo
Castro presenta o seu novo libro en Ourense o venres 13.
Castro presenta o seu novo libro en Ourense o venres 13.

O escritor vigués Francisco Castro presentará en Ourense o seu último libro, a novela ‘Amor é unha palabra coma outra calquera’. Será nun acto programado para o vindeiro venres 13 de maio no Café El Cercano, na cidade das Burgas, ás 20:00 horas. Estará acompañado pola actriz e escritora Nati Borrajo.

Castro naceu en Vigo no 1966 e é escritor e editor, principalmente. Ten publicado libros para todas as idades e atesoura algúns dos premios máis recoñecidos da literatura galega. Algúns dos seus títulos son: ‘Spam’, ‘Chamádeme Simbad’, ‘O neno can’ ou ‘Tes ata as 10’.

Artigos relacionados

Back to top button