CulturaMúsicaÚltima hora

O Café Teatro Bajo 5 do Barco acolle o concerto de Amaro Ferreiro

Terá lugar mañá, 4 de agosto, ás 22:30 horas cun prezo de 10 euros

O Café Teatro Bajo 5, situado na Praza do Sagrado do Barco, acollerá mañá, martes 4 de agosto, o concerto de Amaro Ferreiro. Terá lugar ás 22:30 horas e a apertura de portas será media hora antes, ás 22:00 horas.

 

Cartel da actividade.

 

O concerto terá un custo de 10 euros máis gastos de xestión que incluirá unha consumición gratuíta. As entradas poderán mercarse online a través da plataforma Eventbrite.

Artigos relacionados

Back to top button