ConcellosO BarcoÚltima hora

O caldo de fréxoles preparado por Marisa do Lisboa dende O Barco, en “España Directo”

O cociñeiro Sergio Fernández desprazábase ata beira do Sil para emitir a elaboración deste prato na sección de cociña do programa de RTVE

 

Dende a beira do río Sil, no Malecón do Barco, emitíase a sección de cociña do programa “España Directo” de RTVE nesta tarde de 16 de agosto. Entre piragüas e son de gaitas, Marisa Fernández, quen estivera á fronte do Restaurante Lisboa, explicaba en directo por televisión como se elabora o caldo de fréxoles, xunto ao cociñeiro Sergio Fernández.

Numerosas persoas seguían a emisión desta parte do programa tanto dende o Paseo do Malecón como dende praia fluvial.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button