CulturaCulturaÚltima hora

O “Camiño da Prata” une a Galicia, Andalucía, Estremadura e Castela e León nun proxecto común

A Deputación de Ourense tamén mellora as interseccións das estradas provinciais coa Vía da Prata

De esquerda a dereita: Javier Ortega Álvarez, Guillermo Fernández Vara, Nuria Flores, Patricia del Pozo e Román Rodríguez.

 

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións da Xunta de Galicia, Román Rodríguez, reuniuse hoxe, 21 de xullo en Mérida, cos seus homólogos andaluz, estremeño e castelán leonés nunha xuntanza promovida polo presidente da Xunta de Estremadura, Guillermo Fernández Vara. O obxectivo era impulsar o proxecto “O camiño da prata” deseñado para dinamizar a Vía da Prata e a súa riqueza cultural e patrimonial, no marco do vindeiro Xacobeo 2021.

Ao acto acudiron, ademáis de Rodríguez, a conselleira de Cultura e Patrimonio Histórico da Xunta de Andalucía, Patricia del Pozo Fernández; a conselleira de Cultura, Turismo e Deportes da Xunta de Estremadura, Nuria Flores Redondo e o conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Castela e León, Javier Ortega Álvarez. A presentación do proxecto continúa a reunión mantida polos conselleiros o pasado luns, 21 de xullo, en Cáceres.

 

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez xunto co presidente da Xunta de Estremadura, Guillermo Fernández Vara.

 

O presidente da Xunta de Estremadura, Guillermo Fernández Vara, quixo destacar a cooperación entre as catro comunidades “por encima de partidos e ideas” para sacar adiante un proxecto común. Pola súa banda, o conselleiro Román Rodríguez tamén subliñou a importancia da colaboración institucional á hora de dinamizar esta vía “que vertebra España de norte a sur”.

O proxecto contempla a creación dunha web oficial que servirá como eixo plataforma dinámica onde os peregrinos poderán acceder á información dos municipios que compoñen a ruta, ás historias dos veciños da zona e coñecer a idiosincrasia das súas xentes. Tamén se contempla a creación dun plan de participación cidadá onde uns embaixadores, chamados “centinelas do Camiño”  difundirán os valores da ruta xacobea.

 

Imaxe da xuntanza entre os conselleiros e o presidente estremeño.

 

Mellora da sinalización 

Noutro ámbito, a Deputación de Ourense destina un presuposto de 60.000€ para mellorar a sinalización nas interseccións e itinerarios comúns da rede provincial de estradas coa Vía da Prata-Camiño de Santiago. Este proxecto contempla o reforzo e a mellora da sinalización existente así como a creación de seis sinais de advertencia dinámica que alerten aos vehículos da presenza de peóns e ciclistas nos tramos compartidos máis perigosos.

A mellora será no acceso á Vía de Prata por Laza (OU-0102, OU-0560, OU-0514, OU-0559, OU-0406 E OU-0402) e por Verín (OU-1021, OU-1018, OU-1116, OU-0101 E OU-0515).

Fotos: cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button
Close