ConcellosÚltima hora

“O Camiño das Estrelas. As Estrelas do Camiño” chega ao Barco

Esta actividade de observación astronómica terá lugar este luns ás 21:30h. no Malecón

 

Descubrir e desfrutar da visión dos planetas no ceo nocturno, tamén de estrelas dobres ou cúmulos estelares será posible a través dunha singular proposta que chega ao Barco este luns 9 de setembro. Trátase do proxecto “O Camiño das Estrelas. As estrelas do Camiño”, enmarcado no programa “O teu Xacobeo”, que consiste nunha serie de observacións astronómicas co desprazamento de expertos do Observatorio Ramón María Aller xunto con telescopios co fin de realizar sesións públicas de divulgación astronómica (tanto a simple vista como telescopicamente) e poñendo en valor a Vía Láceta como referente das peregrinacións a Compostela.

Neste caso esta actividade desenvolverase no Barco a partires das 21:30h. na explanada do campo da festa no Malecón. A duración da sesión (dependendo da participación cidadá) adoita ser entre unha hora e media e dúas horas.

Artigos relacionados

Back to top button