ConcellosÚltima hora

Observación astronómica no Malecón do Barco de Valdeorras

Despois de ser suspendida pola chuvia, a actividade “O Camiño das Estrelas. As estrelas do Camiño” terá lugar hoxe ás 20:30h.

Imaxe do cartel da actividade.

 

Descubrir e desfrutar da visión dos planetas no ceo nocturno, tamén de estrelas dobres ou cúmulos estelares é posible a través do proxecto “O Camiño das Estrelas. As estrelas do Camiño”, enmarcado no programa “O teu Xacobeo”, que consiste nunha serie de observacións astronómicas co desprazamento de expertos do Observatorio Ramón María Aller xunto con telescopios co fin de realizar sesións públicas de divulgación astronómica (tanto a simple vista como telescopicamente) e poñendo en valor a Vía Láceta como referente das peregrinacións a Compostela.

Esta actividade estaba prevista para o 9 de setembro no Barco de Valdeorras pero tivo que suspenderse unha vez empezada por mor da chuvia. Finalmente desenvolverase hoxe, 5 de outubro a partires das 20:30h. na explanada do campo da festa, no Malecón barquense. A duración da sesión (dependendo da participación cidadá) adoita ser entre unha hora e media e dúas horas.

Artigos relacionados

Back to top button