En portadaÚltima hora

O Camiño de Inverno é por fin oficial

Entra en vigor a Lei do patrimonio cultural de Galicia que o inclúe como ruta xacobea a Santiago
A concelleira de turismo do Barco e os alcaldes de A Rúa, Monforte e Petín, en Rodeiro.
A concelleira de turismo do Barco e os alcaldes de A Rúa, Monforte e Petín, en Rodeiro.

Coa entrada en vigor hoxe, martes 16 de agosto, da nova Lei do patrimonio cultural de Galicia o recoñecemento do Camiño de Inverno como nova ruta de peregrinación a Santiago de Compostela xa é un feito.

Coa aprobación da dita Lei coa que tamén queda recoñecido oficialmente o Camiño Portugués pola Costa “aténdese unha vella reivindicación dos colectivos relacionados con estas rutas xacobeas”, aseguraba a directora de Turismo, Nava Castro, no acto celebrado esta mañá en Rodeiro, engadindo “que esta nova normativa legal permitirá o mantemento dos valores esenciais do Camiño de Santiago e a posta en valor do patrimonio cultural asociado ás Rutas Xacobeas.

Acto conmemorativo da entrada en vigor da Lei do patrimonio celebrado en Rodeiro.
Acto conmemorativo da entrada en vigor da Lei do patrimonio celebrado en Rodeiro.

O recoñecemento do Camiño de Inverno é unha das novidades que presenta a Lei do patrimonio cultural, unha normativa que, en palabras do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, “ademais de salvagardar os bens patrimoniais, foi feita para dar solucións ás persoas, en colaboración cos concellos”. Deste xeito, é preciso destacar que, con esta nova norma, garántese a máxima protección do patrimonio sobranceiro de Galicia, á vez que se axilizan e facilitan os trámites administrativos.

A de Inverno é unha ruta que comeza en Ponferrada (León) e segue a canle natural que marca o río Sil. Cun trazado duns 210 quilómetros que discorren polas catro provincias galegas, entra en Galicia pola comarca de Valdeorras, para despois seguir por Monforte e enlazar coa comarca do Deza, continuando pola Estrada ata chegar a Compostela. En total, percorre preto dunha vintena de concellos galegos.

Artigos relacionados

Back to top button